CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A colorida e simbólica arte de Sofi Modebadze, no Casino do Barco

A exposición "Pintar sen borrar" pode verse ata o 26 de febreiro

 

Seguindo coa súa aposta pola cultura e a arte, o Casino do Barco acolle dende hoxe unha nova exposición de pintura. Trátase da mostra “Pintar sin borrar” da artista Sofi Modebadze, natural de Xeorxia e residente no Barco dende hai cinco anos, que amosa a través dunha vintena de cadros de diferente tamaño a súa paixón pola pintura a través da cal se expresa.

 

Sofi Modebadze.

 

“Falo a través das miñas pinturas porque é un idioma que todos entenden”, di a propia Sofi asegurando que a mensaxe da súa pintura é a súa mensaxe para o mundo: “a vida é pintar sen borrar”. E faino probando con diferentes técnicas e sobre todo tipo de materiais, incluíndo a lousa que lle gusta especialmente. “No meu país non hai é dende que o descubrín encántame”, di Sofi, destacando que sobre as pizarras sempre pinta  Josefinas, personaxe feminino que utiliza para expresarse. “Sempre están nos meus soños menos cando pinto que é como se falara a través delas”.

 

 

Para Sofi, que asina as súas obras como Sofiart, a cor é moi importante e tamén as mensaxes que transmite. Mensaxes que se poderán ver no segundo andar do Casino ata o 26 de febreiro, os xoves, venres e domingos de 19 a 22 horas.

A inauguración tiña lugar na tarde deste venres 3 de xaneiro coa asistencia doutros artistas locais, de amigos de Sofi e veciños do Barco.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button