En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 106 casos activos de Covid, 21 máis que onte

Panorámica da Rúa.

 

Seguen subindo os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 10 de decembro un total de 106 (21 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Case todos os municipios rexistran aumento de casos positivos. Así, O Barco ten 34 positivos (2 máis que onte), O Bolo ten 5 positivos (2 máis), Larouco ten 11 (5 máis), Petín ten 5 (1 máis), A Rúa ten 26 (6 máis) e A Veiga ten 22 (5 máis).

 

 

Mantéñense os casos en Carballeda de Valdeorras con 2; e en Vilamartín con 1. O único concello da comarca que se mantén libre de coronavirus continúa sendo Rubiá.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras segue con 2 ingresos en planta, os mesmos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button