En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 987 casos activos de Covid, 56 máis que onte

Panorámica do Barco. /Foto: A.R.

 

Aínda que de forma menos pronunciada que nos días anteriores, segue a tendencia á alza nas cifras de casos activos na comarca de Valdeorras, que na  xornada deste mércores 12 de xaneiro suma un total de 987 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 56 máis que onte segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

 

 

Por concellos, o Barco segue sendo o que maior número rexistra, chegando hoxe ata os 658 positivos, o que significa 38 máis que onte. Tamén soben, de forma máis lixeira, en practicamente todos os municipios: Carballeda de Valdeorras ten 35 (4 máis que onte); Larouco ten 43 casos activos (1 máis que onte); Petín ten 23 (1 máis que onte); A Rúa suma un total de 118 (6 máis que onte); A Veiga 8 (2 máis que onte); e Vilamartín 26 (5 máis que onte).

 

 

Pola contra, baixan os casos no Bolo que ten 40 positivos (1 menos que onte); e mantéñense en Rubiá que ten 36, os mesmos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button