A comisión de seguemento da Plataforma da A-76 reunirase en Monforte
12 de Decembro de 2018
A convocatoria está prevista para o 13 de decembro e o obxectivo é tratar de axilizar o proxecto desta infraestruturaImaxe da reunión da comisión de seguemento da A-76 celebrada en xullo no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Seis meses despois da xuntanza mantida no Barco, a comisión de seguemento da Plataforma en defensa da A-76 volverá reunirse na tarde do vindeiro 13 de decembro no Concello de Monforte de Lemos. Este encontro vén de ser convocado polos presidentes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Círculo Empresarial Leonés, CEL-Bierzo.
A esta cita están convocados os alcaldes do Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Ponferrada, así como os representantes das asociacións empresariais destes municipios. O obxectivo da reunión é facer seguemento do estado dos proxectos.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.