Dende hoxe luns día 3 de agosto, e ata o vindeiro mércores día 12, a concellería de Turismo do Concello do Barco repartirá gafas aptas para a visualización da eclipse que terá lugar o mesmo día 12 de agosto, así como flyer coas recomendacións para a correcta visualización da mesma.
O reparto terá un máximo de 2 unidades por persoa, e realizarase na praza do Concello entre ás 11 e as 11:15 horas.

Fotos cedidas.