Na xornada do sábado 1 de agosto disputábase a edición XXVII do Campionato Provincial de Caza de Ourense de San Huberto “Xunta de Galicia”, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense que preside o veigués Vicente Lameiro, coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda, Proyecta Galicia e Arion.
Dirixida por José Luis García e Uxía Portela o gañador da proba era o cazador Félix Robles López participando coa cadela “Zenith”. O segundo posto da xeral foi para Jorge Martín Sánchez participando con “Bicho da Chousa”. O bronce acadouno Jaime Aneiros Ardao con “Iron de Mancofa”.
O cuarto posto da xeral foi para Jaime Aneiros Leira con “Pul de Cam de Lira” sendo o mellor participante da provincia e converténdose en campión provincial. O segundo posto do provincial foi para Jaime Aneiros Ardao con “Iron de Mancofa” e o bronce para Eliseo Faraldo Fernández con “Galega da Brisa”.
Así, a selección provincial quedou conformada por: Jaime Aneiros Leira, Jaime Aneiros Ardao, Eliseo Faraldo, Eduardo Blanco e Juan Manuel González.

Fotos e vídeos cedidos.