Un ano máis e seguindo o programa relixioso, pasadas as 11:30 horas deste sábado 14 de setembro, Día do Cristo no Barco de Valdeorras, tiña lugar a concentración das Cruces e Estandartes das parroquias da Unidade Pastoral do Barco, unha iniciativa introducida polo párroco, Jesús Álvarez, para que “todo Valdeorras se acerque ao Nazareno e participe na súa festa”.
Foi unha vistosa xuntanza na praza de San Mauro, diante da igrexa parroquial, con numerosos e fermosos estandartes e cruces como o de Santiago de Forcadela, Santa Mª de Sobradelo, Santa Marta de Córgomo, o Nazareno do Barco, o de Puente de Domingo Flórez, Santo Tirso de Veigamuíños, A Proba ou Rubiá, entre outros moitos, que daba paso á lobga e multitudinaria procesión.
Este ano a imaxe convidada para acompañar ao Nazareno polas rúas do Barco era a da Virxe do Camiño de Rubiá, unha talla pequena pero moi bonita “con máis de 400 anos”, segundo anunciou o párroco.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.