Despois do encontro mantido co Clúster da Pizarra de Galicia esta mañá, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada polo delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén, realizaba xunto a representantes do sector unha visita a unha nave de elaboración desta pedra natural, a de Castrelos, pertencente a Cafersa.
Despois, de coñecer, guiada polo director de Produción de Cafersa, Daniel León, o proceso que se segue para producir lousa para cubertas, a conselleira achegábase a unha canteira a ceo aberto de lousa, Oportuna, de Pizarras Vazfer Manada Vieja.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.