CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coral Alternia de Arganda del Rey (Madrid), visita Godeval acompañada polo Orfeón Valdeorrés

 

Con motivo da súa participación no “Concerto de Outono” do Orfeón Valdeorrés, previsto para este 7 de outubro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco, a Coral Alternia de Arganda del Rey (Madrid) desprazábase ata terras valdeorresas. No decurso desta viaxe, esta mañá realizaba unha visita a unha das adegas da D.O. Valdeorras, Godeval.

 

 

Nesta visita os integrantes da coral estaban tamén acompañados por membros do Orfeón Valdeorrés. Percorrían as instalacións desta adega situada en Xagoaza (O Barco) e tamén probaban os seus recoñecidos viños.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button