Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

A cuarta toma de posesión de Feijóo como presidente da Xunta, en imaxes

 

O Salón dos Reis do Parlamento de Galicia acollía no mediodía do sábado 5 de setembro a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. O político ourensán prometía por cuarta vez consecutiva este cargo nun acto, con estritas medidas de seguridade fronte ao Covid, que contaba coa presenza de diversas autoridades, entre elas a ministra de Política Territorial e os presidentes de tres comunidades autónomas españolas (Andalucía, Castela e León e Madrid), así como coa do presidente do PP, Pablo Casado.

 

 

Tamén había unha ampla representación de autoridades galegas, encabezadas polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, e os membros da Mesa do Parlamento, tamén estaban os líderes dos partidos da oposición (BNG e PSdeG-PSOE), así como deputados e o presidente da Deputación de Ourense, entre outros.

Esta ampla galería de imaxes recolle diferentes momentos deste acto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button