CulturaCulturaÚltima hora

“A cuba do esforzo” leva o 1º premio no concurso fotográfico ‘Mulleres de Viana en primeira plana’

Ao certame, organizado polo Concello de Viana a través da Concellería de Igualdade, presentáronse trece imaxes

“A cuba do esforzo” de Paulo García, 1º premio.

 

Na xornada deste luns 5 de outubro tiña lugar o fallo do concurso fotográfico Mulleres de Viana en primeira plana. Un certame convocado polo Concello de Viana do Bolo, a través de la Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, que buscaba “instantáneas nas que puideran aprezarse os valores que acompañan ás mulleres vianesas como son o esforzo, o compañeirismo, o traballo en equipo ou compromiso, entre outros”, explican dende o Concello.

 

“Pastora” de Clara Ortega, 2º premio.

 

A esta edición presentáronse un total de 13 fotografías asinadas por 8 autores procedentes de distintos lugares. O xurado estivo presidido pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ramona García Méndez e contou coa participación de Estela Barone, fotógrafa profesional; Rosa María Estévez, mestra de artes plásticas no CEIP Bibei; Jesús Salgado, periodista; e Sara Feijóo, do Centro de Información á Muller de Viana, que actuou como secretaria.

 

“Paseo nas nubes” de Cristina Hernández, 3º premio.

 

O primeiro premio dotado de 300 euros foi para Paulo Joaquín García Eléxpuru, pola súa obra “A cuba do esforzo”; o segundo, dotado de 200 euros foi para Clara Ortega Fernández, pola súa obra “Pastora”; e o terceiro con 100 euros, foi para Cristina Fernández Hernández, pola súa obra “Paseo nas nubes”.

 

Os premiados coas fotografías.

Artigos relacionados

Back to top button