Estrea da curta no Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.
No CEIP Condesa de Fenosa do Barco están de noraboa. Logo da exitosa estrea no Teatro Lauro Olmo do Barco no pasado mes de xuño das dúas curtas de animación, adaptadas de contos da editorial OQO (Fiz, o
coleccionista de medos e Chocolata) e realizados ao abeiro do programa Nós Tamén Creamos da Consellería de Educación e do departamento de Dinamización Lingüística, a curta Chocolata foi premiada cun accésit na categoría de 3⁰ e 4⁰ de Educación Primaria.
Dende o centro, o único da provincia de Ourense distinguido, amosan o seu orgullo pola nova e felicitan aos implicados.