EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra participará en Fenavin, en Ciudad Real do 9 ao 11 de maio

 

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará na XII Feira Nacional do Viño, que se celebrará en Ciudad Real do 9 ao 11 de maio. Estará presente no expositor da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio: Adega Saínas, Dominio do Bibei SLU, EDV 2015, Moure Fernández, Rubén- Finca Cuarta;  Ponte da Boga, Rectoral de Amandi. Bodegas Gallegas, Ronsel do Sil, Terrazas de Outeiro e Viñas de Belesar

A D.O. Ribeira Sacra estará representada así mesmo no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, contando coa participación de Adegas Terrae S.L. e Adegas Petrón S.L.

A participación en Fenavin supón a presenza da D.O. Ribeira Sacra “nunha das citas máis importantes do sector en España coa asistencia de máis de 1.900 adegas e case 20.000 compradores nacionais e internaciones, profesionais do sector vitivinícola, enólogos, sumilleres, adegueiros, xornalistas especializados e medios de comunicación en xeral, así como outros expertos do mundo do viño. Nesta ocasión amplíase a superficie expositiva a 28.000 m2 para acoller este encontro de viño”, indican dende o seu consello regulador.

Foto: CRDO Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button