ConcellosPetínÚltima hora

Gran ambiente en Petín no marco da Feira de 1812

 

Petín vive esta fin de semana unha nova edición da súa Feira de 1812, coa que conmemora dende hai case dúas décadas, a Constitución de Cádiz e a expulsión das tropas napoleónicas da comarca. Abría as portas na mañá deste sábado 8 de xuño e pecharáas mañá pola noite.

 

 

E entre medias, unha trintena de postos ao longo das empedradas rúas do casco vello da localidade e actividades complementarias como teatro de rúa co actor Gabriel Fabersani e a gran novidade deste ano, o exitoso concerto que o grupo de cámara Minuetto daba esta tarde na igrexa parroquial de Petín.

 

 

Mañá será a quenda da agrupación de música tradicional Abertal, da Rúa, que fará un pasarrúas pola feira a partir das 19:30 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button