Animada xornada electoral na Rúa. Arredor das 12 horas deste domingo 29 de novembro, votaba a alcaldesa da Rúa, María G. Abert, número 3 da lista do BNG por Ourense nos comicios que se celebran hoxe. Facíao na mesa situada nas dependencias do CEIP Manuel Respino acompañada polo seu fillo, Aldán.

Ademais desta, na Rúa hai outras seis mesas nas que se distribúe a poboación censada no municipio. Hai dúas nas dependencias do Concello; outras dúas no Centro Cultural Avenida; unha en Fontei; e outra no adro da Igrexa de Santo Estevo.

Fotos: Carlos G. Hervella