EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra promociónase en “Vinis Terrae”

 

Durante dous días, Expourense converterase os días 5 e 6 de xuño, a través de Vinis Terrae, nun gran centro de negocios no que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería, así como importadores de distintos países e representantes da prensa especializada nacional e internacional.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode con caseta propia no que, en horario de 10.00 a 18.00, darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación.

Participan tamén individualmente con caseta propio as adegas: Aba Solleira, D´Fran, Régoa, EDV 2015, Finca Cuarta por Rubén Moure e Reitoral de Amandi.

No Túnel do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia poderanse catar as seguintes referencias da D.O. Ribeira Sacra:

• Adega Tear, S.L. (Tear, Capador)
• Adega Vella Xeracións, S.L. (1904, 1904 Mater Granite, Adega Vella Mater Granite, Golosina, Quitapesares, Adega Vella, “12” Adega Vella)
• Rectoral de Amandi (Rectoral de Amandi Barrica Edición Limitada Manolo Arnoya, Matilda Nieves Mencía, Rectoral de Amandi Mencía)
• Bodegas Petrón, S.L. (Prómine 2021, Prómine 2022, Prómine Singular)
• D’Fran, S.C. (Estrela)
• EDV 2015, S.L. (A Conchousa, As Covas, Don Cosme Branco, Don Cosme Tinto, Inseparables Branco, Inseparables Tinto, o Robledo)
• Finca Cuarta (Finca Cuarta Godello, A Costa)
• Pazo da Maga (Demo y Maga)
• Régoa (Régoa-Copas-21)
• Terras de Compostela (Camiño de Compostela)
• Virxen dos Remedios (Viña Vella Mencía e Godello)

Artigos relacionados

Back to top button