EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro entrega os seus premios 2018 no Mosteiro de San Clodio (Leiro)

O viño Joaquín Vázquez 2017 lograba o galardón ao mellor tinto, mentres que Eduardo Bravo era o mellor branco de colleiteiro e Alter de adega

Mentres o artista urbano Mon Devane creaba en directo unha as súas obras plásticas empregando técnicas do graffiti, os convidados ían tomando asento no primeiro dos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro), especialmente engalanado para acoller a gala dos Premios Ribeiro 2018, que congregaba a máis de 250 persoas, vencelladas co sector vitivinícola e tamén diversas autoridades.

A cerimonia, presentada pola xornalista Marga Pazos, comezaba con musica de jazz que daba paso á intervención do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, quen comezaba cunha cita de “Alba de Gloria” de Castelao e lembraba que hai apenas un ano estaba sentado, como convidado, entre o público. Agora, dicía, ostenta un cargo no que está a traballar “para dar solución aos problemas reais do sector e para mellorar”. Referíase á historia e á tradición vitivinícola desta D.O. e tamén a súa importancia como “motor económico dunha comarca. Falamos de empresas, capitais, de ilusións de vida…”. Aposta ademais por “poñer en valor a cadea de produción do viño e os resultados ímolos a ver pronto”.

Rendíalle ademais unha homenaxe moi especial aos seus antecesores na presidencia do consello regulador: Alberto Paz, José María Fernández Anguiano, José Feijóo, Luis M. Méndez, María Teresa Sampedro, José Antonio Bouza, Luis A. Rodríguez e Felicísimo Pereira. Os oito subíanse ao escenario para brindar, xunto ao actual presidente, pola D.O.

A partir de aí dábase paso á entrega de premios propiamente dita, comezando polo premio ao “Mellor servizo de viño en restaurante”, que recaía en Bacelo Taberna Vinaria de Ourense; mentres que a distinción á “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca” foi para LaTienda de Lino, an A Coruña; e o galardón á “Mellor Taberna-Bar de Viños” para o Tamarindo, tamén situado na cidade das Burgas.

A continuación entregábansese os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais. Era o caso do xornalista Víctor de la Serna recibiu resultaba premiado na categoría á “Mellor tarefa de comunicación”, Sonia Prince de Galimbertifixo na de “Muller e viño” (en nome da Asociación de Mujeres Amantes del Vino – AMAVI), e o presidente de honra de Viña Costeira, Manuel García Montero, recibía o de “Vida entre Vides”.

Xa rozando ás nove da noite, unha notaria facía entrega á presentadora do sobre cos nomes dos mellores viños da D.O. Ribeiro nesta edición. O mellor viño branco de adega recaeu en Alter de Priorato de Razamonde; o mellor viño branco de colleiteiro foi para Eduardo Bravo de José González Álvarez; e o mellor viño tinto é Joaquín Vázquez de Joaquín Vázquez Martínez. Foron finalistas na categoría de branco de adega Señorío da Vila, Beade Primacía, Antonio Montero Autor, Divino Rei e Terra do Castelo Treixadura. Na categoría de branco de colleiteiro chegaron á final Canción de Elisa, Cuñas Davia A Xiada, Lagar do Meréns, Eduardo Peña e Manuel Rojo. E por último, en canto aos tintos, The flower and the bee sousón, Mónica Albor Mencía, Viña do Campo Mencía, Son de Arrieiro e Priorato de Razamponde, foron os finalistas.

O último galardoado en subirse ao escenario César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, que recolleu o premio “Persoeiro de Honra”. Adicáballe o premio á súa dona e confesaba que “o Ribeiro ten estado sempre presente na viña vida. Acostum a celebrar todo ou case todo con Ribeiro”.

A gala clausurábase coa intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, quen felicitaba aos premiados, quen subliñaba que “Ribeiro é sinónimo de calidade, crer nesta calidade e nesta historia vainos permitir seguir facendo viño”. Falaba do viño como industria citando as 155 adegas amparadas por esta D.O., as súas 2.200 hectáreas de viñedo e os máis de 5.000 empregos (entre director e indirectos) que xera este sector nesta comarca ourensá. O acto finalizaba cunha degustación de viños do Ribeiro, acompañados de diversos petiscos, no outro claustro do mosteiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button