A D.O. Ribeiro vén de recibir un total de 20 galardóns nos premios ‘Decanter World Wine Awards’, un concurso internacional de viño que se celebraba en Londres entre abril e maio. O concurso outorgou ao Ribeiro nada menos que seis medallas nas tres primeiras categorías de premios: ‘Best in Show’ (unha), platino (unha) e ouro (catro). Tamén se lograron oito pratas e seis bronces.
O máximo recoñecemento, denominado ‘Best in Show’, foi para o viño Ramón do Casar Treixadura 2022 con 97 puntos. A medalla de platino recaeu en Ramón do Casar Nobre 2021. Doutra banda, Adega do Moucho 2019, Catro Parroquias Treixadura 2022, Cuñas Davia Barrica 2021 e Ramón do Casar Godello 2021 obtiveron senllas medallas douradas.
As oito distincións de prata foron para márcalas Pingas de Mar Godello 2021, Gran Alanís 2022, Gran Campiño 2022, Lúa Jazz Treixadura Brut 2022, Ramón do Casar Varietal 2022, Ramón do Casar Lento 2020, Teixadal Treixadura 2022 e Vía Barrosa Treixadura 2022.
Por último, os seis galardoes de bronce recaeron nos viños Amavida Treixadura 2022, Laudes 2021, Meu Treixadura 2022, Pazo Tizón 2021, Tamborá 2022 e Terra Minei 2022.
“Os viños do Ribeiro están de parabén constante e así o están confirmando os concursos vinícolas internacionais. É un orgullo que os nosos viños sexan recoñecidos coa máxima distinción ‘Best in show’, así como con medallas de platino, ouro, prata e bronce. Estivemos sementando durante moitos anos e agora atopámonos recollendo uns fabulosos froitos” comenta o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares.
Decanter World Wine Awards
Os premios Decanter World Wine Awards (DWWA) celebraron este ano a súa vixésima edición. Desde a súa creación, os DWWA consolidaron a súa reputación como o maior e máis influente concurso de viños do mundo, aclamado polo seu rigoroso proceso de avaliación. Durante dúas semanas en abril e maio, 236 xurados (entre eles 16 Master Sommeliers e 53 Masters of Wine de 30 países) cataron, debateron e compararon os méritos relativos de 18.250 viños de 57 países, o cal confirma que esta edición é a máis importante ata a data.
Proceso de Avaliación
Etapa 1: Medallas Bronze, Silver y Gold (Bronce, Prata e Ouro)
Durante a primeira rolda, os presidentes rexionais supervisan os seus respectivos paneis de cata, resolven as diferenzas de criterio que poidan xurdir e catan de novo todos os viños merecedores de medallas Oro e Prata, para garantir que non existen incoherencias. A continuación, os copresidentes volven catar os viños merecedores de medallas Oro para confirmar o fallo do xurado. Por tanto, os viños con medalla Prata cátanse dúas veces, e os viños con medalla Oro, tres. Este rigoroso procedemento garante que todos os viños sométense a unha análise exhaustiva.
Etapa 2: Platinum (Platino)
Os viños galardoados coa medalla Oro clasifícanse de novo por tipo de uva ou estilo para que un xurado formado polos presidentes e copresidentes rexionais volva catalos. Os xuíces avalían os viños segundo a súa orixe tendo coñecemento do país, rexión, subregión, uva, anada e rango de prezos. Non hai ningún límite con respecto ao número de viños galardoados coa medalla Oro que poden ser ascendidos a Platino. Dentro de cada variedade de uva ou estilo, pode outorgarse a categoría Platino a máis dun viño dun determinado país ou rexión. Aos gañadores outórgaselles a medalla Platino e, ademais, os viños nun rango de prezos inferior a 15 £ son valedores da medalla Best Value Platinum (Platino con Mellor Relación Calidade-Prezo).
Etapa 3: Best in Show
Best in Show é a máxima distinción dos Decanter World Wine Awards. Nunha cata independente os catro copresidentes seleccionan os viños Best in Show de entre o gañadores Platino. Durante o proceso de selección o xurado ten coñecemento da orixe, o tipo de uva, a anada e o rango de prezos.