OurenseÚltima hora

A Deputación colaborará coa celebración da Gala do 45 Aniversario da CEO

Marisol Nóvoa avanza que durante esta gala premiarase a empresas ourensás destacadas nos seus diferentes ámbitos de actuación, “dentro da nosa aposta pola defensa e reivindicación do liderado do empresariado provi

 

A Deputación de Ourense colaborará coa organización da Gala do 45 aniversario da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), que se celebrará en Ourense o vindeiro 15 de decembro do 2022. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, para abordar os detalles da cooperación do goberno provincial nun evento no que participará o presidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales, Antonio Garamendi.

Manuel Baltar destaca a alianza entre a Deputación e CEO, “un actor imprescindible na representación do tecido empresarial ourensán e no seu fomento da competitividade”. E nesta relación, este novo apoio únese á implicación que ten o goberno provincial en proxectos da organización ourensá en iniciativas de promoción e internacionalización das empresas ourensás ou programa “Reactiva Ourense”, destinado a persoas desempregadas maiores de 45 anos que perderán o seu posto de traballo durante a crise económica derivada da pandemia.

A Deputación de Ourense, explica Manuel Baltar, “ten na súa folla de ruta a máis estreita implicación cos axentes socioeconómicos que operan no territorio”. Nesta dinámica de traballo, “consideramos esencial seguir afondando na cooperación coa CEO, unha organización vital para Ourense, con capacidade tractora para xerar riqueza. Por iso colaboramos no fomento do emprego e a internacionalización empresarial, en iniciativas da Deputación como a Mobile Week e, por suposto, en decembro estaremos ao seu carón celebrando os seus 45 anos”.

Pola súa banda, a presidenta da CEO recalca a importancia da colaboración da Deputación nun evento co que “celebramos 45 anos a través dunha gala na que contaremos coa presenza das empresas e asociacións sectoriais pertencentes ao tecido empresarial da provincia de Ourense, ademais de autoridades de todos os estamentos como o propio Antonio Garamendi”.

Marisol Nóvoa avanza que durante a Gala do 45 Aniversario da CEO premiarase tamén a empresas ourensás destacadas nos seus diferentes ámbitos de actuación, “dentro da nosa aposta pola defensa e reivindicación do liderado do empresariado da provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button