EconomíaEconomíaÚltima hora

A Deputación de Ourense establece axudas por importe de case 4 millóns de euros para autónomos e Pymes afectados pola crise

A iniciativa ten como obxectivo "axudar aos autónomos que tiveran que acollerse ao cese de actividade como consecuencia da crise do coronavirus, e ás pequenas empresas sufriran unha perda de facturación igual ou superior ao 50 %"

Fachada da Deputación de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dentro da estratexia de cooperación que está impulsando a Deputación de Ourense para paliar a grave crise sanitaria, social e económica do Covid-19 na provincia, a Xunta de Goberno aprobaba na mañá deste venres 8 de maio unha importante medida económica. Trátase de “dúas liñas de axudas para autónomos e Pymes da provincia, para as que se destinan case catro millóns de euros (3.825.000 €) e que teñen como obxectivo axudar aos autónomos que tiveran que acollerse ao cese de actividade e tamén ás pequenas empresas que sufriran unha perda de facturación igual ou superior ao 50 %”, explican dende a adiministración provincial. “Trátase de destinar case catro millóns de euros en subvencións para autónomos e Pymes radicadas en concellos de menos de 20.000 habitantes, uns sectores que son prioritarios para o goberno provincial”, afirma o presidente Baltar.

No caso das axudas a autónomos, o procedemento de concesión é o de “concorrencia non competitiva”, e realizarase de forma continua, ata esgotar o presuposto previsto, segundo a orde de recepción das solicitudes e baixo os principios de “publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación”, aseguran dende a Deputación. A subvención terá uhna cuantía de 600 euros, que se farán efectivos nun pago único.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas maiores de 18 anos que cumpran os seguintes requisitos: ser traballadores autónomos, incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Sistema Especial para Traballadores por conta Propia Agrarios, figurando dados de alta no Imposto de Actividades Económicas; exercer unha actividade económica con carácter empresarial, profesional ou artística por conta propia nun municipio da provincia de Ourense de poboación inferior a 20.000 habitantes; ter recoñecida a prestación extraordinaria por cese de actividade prevista no artigo 17 do Real Decreto Ley 8/2020 de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19.

No que respecta ás axudas para Pymes, poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos: exercer unha actividade económica nun municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense, figurando de alta no Imposto de Actividades Económicas; tratarse de pequenas empresas que teñan un número de traballadores inferior a dez persoas a data 14 de marzo de 2020, e ter, no exercicio 2019, unha facturación anual a afectos del IVE/IVE inferior a un millón de euros; que a actividade económica realizada non se viese afectada polo peche obrigatorio durante o estado de alarma declarado a consecuencia da pandemia do Covid-19; e que a súa facturación a efectos do IVE/IVE durante o período de 14 de marzo a 30 de abril  de 2020 se vise reducida nun 50 % ou máis con respeto á facturación media do exercicio 2019. A subvención non poderá exceder de 1.000 euros por solicitante.

As solicitudes para ambas liñas de axudas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button