A Deputación de Ourense volve a entrar no accionariado da Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. Turismo de Galicia a Deputación de Ourense asinaban o 27 de abril nas instalacións deste complexo de montaña a transmisión de 336 accións da sociedade Estación de Inverno Manzaneda S.A. (MEISA) á entidade provincial.
Turismo de Galicia allea ao organismo provincial 336 accións de MEISA, unha participación que representa o 14% do capital social. Así, “MEISA diversifica a súa composición accionarial, ao tempo que a Administración galega mantén unha participación do 34% na mesma”, segundo se informa dende a Xunta.
A sociedade MEISA, titular da estación de inverno de Manzaneda, pasa a contar cun novo socio. Deste xeito, o accionariado da entidade queda constituído por Turismo de Galicia (cunha participación do 34%), a Deputación de Ourense (cun 28%), Central Hotelera Hotelalia (co 23,58%), e os concellos de Trives e Manzaneda, co 7,21% cada un deles.
A operación de alleamento, que responde a unha petición da Deputación de Ourense, foi autorizada previamente pola Xunta Xeral de Accionistas e o Consello de Administración de MEISA e polo Consello da Xunta de Galicia, que o aprobaba na súa última reunión.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.