ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A desesperada loita contra o lume no Barco, en imaxes

 

A do domingo 18 de xullo ten unha xornada negra e triste para Valdeorras e, especialmente para o municipio do Barco. O lume, procedente de Riodolas (Carballeda de Valdeorras), entraba a gran velocidade neste municipio afectando, ante a desesperación dos veciños, a localidades como Alixo e Vilariño, pero tamén despois a Coedo, Millarouso e Viloira mentres avanzaban as horas.

 

 

Foron momentos de moita tensión e onde os propios veciños loitaban con mangueiras e todo aquilo que tiñan na súa man por apagar as lapas, mentres ían chegando os diferentes medios de emerxencias e extinción. Pero o lume entraba en Alixo, tras queimar castiñeiros centenarios e colmeas, e afectaba alomenos a 15 casas, sen contar outro tipo de construcións como alpendres ou garaxes.

 

 

Nesta galería de imaxes facemos un percorrido por esa loita continúa da veciñanza e dos medios de extinción e emerxencias contra o lume e as súas consecuencias. Un lume que neste luns 18 de xullo continúa activo, polo tanto sendo motivo de preocupación, e que deixa tras si unha negra estela dramática de fume e cinzas.

https://youtube.com/shorts/nzrXI3rlWSA?feature=share

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button