ConcellosÚltima hora

A Diócese de Astorga suspende as primeiras comunións e as confirmacións

 

Exterior da igrexa parroquial de San Mauro, no Barco./ Foto: A.R.

 

“Ata que se normalice a situación social e se vaia vendo a forma na que as autoridades competentes levantan as restriccións de mobilidade e reunión, faise efectiva a suspensión das celebracións das primeiras comunións e as confirmacións, que terán lugar, se cada parroquia o estima oportuno, durante o primeiro trimestre (de setembro a novembro) do próximo curso pastoral”, segundo vén de facer público o administrador diocesano de Astorga, José Luis Castro Pérez. A esta diócese pertencen zonas da provincia como son Valdeorras, Terras de Trives, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Ademais tamén informa de que se suspenden “ata novo aviso o resto de actividadesas e celebracións programadas na Axenda Pastoral Diocesana para a fin do presente curso como son catequeses, formación permanente do clero, peregrinación diocesana, retiros e reunións pastorais, cursiños prematrimoniais e prebautismais, encontros e xornadas de carácter diocesano ou arciprestal, etc”.

Medidas similares no Bispado de Ourense

O pasado martes o Bispado de Ourense facía pública, a través dun comunicado, unha decisión semellante á da Diócese de Astorga. “Mentres as autoridades sanitarias non determinen que pasou o risco de contaxio e se poidan ter as celebracións con normalidade, pospóñense as celebracións de primeiras comunións, vodas, bautizos e confirmacións previstas para os próximos meses”.

O Bispado de Ourense tamén matizaba que “todas estas normas quedan a expensas do que ditaminen as autoridades sanitarias segundo a evolución dos acontecementos”.

Artigos relacionados

Back to top button