
Un ano máis o Casino do Barco acollerá a Sesión Ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol da que forma parte o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, un dos vicepresidentes da asociación e organizador da reunión.
Será o vindeiro sábado 29 de abril ás 12 horas e entre os puntos a tratar están as suxerencias e elaboración do presuposto para a organización da Gala da ACGF e o Torneo de Alevíns que este ano celebrarase no Barco no marco da celebración do 50 aniversario do Centro de Deportes Barco.