CulturaCulturaÚltima hora

A directora xeral de Xuventude visita o campo de voluntariado da Veiga

Campo de voluntariado da Veiga.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos mozos e mozas que participan esta semana no Campamento Astronómico que ten lugar Albergue Montañas de Trevinca, no concello valdeorrés da Veiga. Trátase dunha das novidades da campaña de verán deste ano e que está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre 10 e 14 anos.

O programa permite que un total de 30 mozos e mozas realicen actividades de observatorio astronómico e sendeirismo, combinadas coas experiencias multiaventura do Encoro de Prada como son o piragüismo ou paseos en bicicletas de auga.

 

Campamento da Veiga.

 

Durante a súa visita, a directora xeral destacou o carácter educativo que, sen perder de vista o lecer, define a estes campamentos. Ademais, lembrou que representan unha importante oportunidade de conciliación para as familias, que poden compaxinar a súa vida laboral coa persoal ao tempo que os seus nenos e nenas están ben atendidos.

Máis de 10.800 prazas

Esta iniciativa forman parte da campaña de verán da Xunta que, baixo o lema O verán que queres contar, ofrece a mozos de todas as idades un total de máis de 10.800 prazas, a maior oferta da historia.

Artigos relacionados

Back to top button