A Copa España de Descenso de Augas Bravas en modalidade Individual Sprint, clasificatoria para a Copa de Mundo, que terá lugar proximamente en León; recala nesta fin de semana en Valdeorras, unha comarca próxima á Ribeira Sacra . Neste evento, patrocinado por Iberdrola, participaban uns 150 padexeiros de Castela e León, País Vasco, Baleares, Cataluña e Galicia, que medían as súas foras nun percorrido de 300 m.
A competición española, que continuará mañá domingo en Valdeorras, está organizada polo Club Fluvial O Barco, a Federación Galega de Piragüismo e o Concello do Barco. Esta competición individual sprint é tamén clasificatoria para o Campionato de Descenso Galego. Francisco Silva, delegado institucional de Iberdrola en Galicia e Miguel Ángel López, responsable de Iberdrola na Conca Sil entregaron os trofeos aos gañadores da proba. Tamén participaba o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.
