CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Escola Municipal de Música de Sober celebra o domingo o festival de fin de curso

A Escola Municipal de Música de Sober celebra este domingo o seu festival de fin de curso. Van participar a banda xuvenil, combos instrumentais, alumnos de música e movemento, o Coro Berea e Batukeando.

Os membros da Escola Municipal de Música van amosar parte do traballo levado a cabo durante este curso. No Centro Sociocultural de Sober a partir das 19:00 horas con entrada libre.

Back to top button