O domingo 30 de marzo varios grupos da escola Wallyland participarán nun concurso de danza en Asturias representando a Quiroga.
“Podemos ir grazas á colaboración dos establecementos de Quiroga que nos donaron produtos propios para poder sortear dúas cestas marabillosas, xa que con eses cartos pagamos parte das entradas dos padres/ nais e sobre todo o autobús”, asegura a responsable da escola, adiantando que participarán con 6 coreografías, entre elas dous solos.
Fotos cedidas.