CulturaCulturaÚltima hora

A escritora valdeorresa Mencía Yano publica dúas novas novelas

“¿Cuánto dura el Amor?” sae hoxe e “Pintando Nueva York” sairá o vindeiro 27 de xullo

A escritora Mencía Yano. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois dun tempo sen ter noticias súas, a escritora petinesa Mencía Yano presenta dúas novas publicacións. A primeira, ¿Cuánto dura el amor? (Editorial Litworl) sae á rúa hoxe, sábado 17 de xullo. Trátase dunha novela con catro amigas como protagonistas. Ao longo das páxinas estas catro mulleres maduras replantéxanse a súa vida e as súa respectivas relacións amorosas tratando de desentrañar o segreto do amor eterno. “É unha historia divertida, a veces tenra, outras sensual, pero sen dúbida moi intensa”, explica a propia autora.

 

 

A segunda novela Pintando Nueva York será publicada o vindeiro martes 27 de xullo por Lantia y Mediaset, para a colección “Mil Amores” e nela, aqueles que teñan lido outra das obras de Mencía, El amor siempre llama dos veces, recoñecerán aos seus protagonistas, Alba e Xurxo. “Amor, drama, paixón e vidas cruzadas na Nova York mellor retratada e máis cercana ao celuloide”, di a autora.

 

Artigos relacionados

Back to top button