En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A esperada V KDD Racing Petín reúne máis de 700 coches

 

Un ano máis e tralo parón provocado pola pandemia, Petín volveuse converter por un día no centro automobilístico da comarca de Valdeorras da man de La Granja Racing, un grupo de amigos afeccionados ao motor e o mundo dos rallyes, que un día decidían organizar unha quedada na casa.

A xornada deste sábado 25 de xuño, especialmente pensado para os amantes do motor e dos rallyes, comezaba pasadas as dez da mañá coa apertura de inscricións e conforme pasaban as horas, as rúas de Petín íanse enchendo de vehículos chegados dende diferentes partes de España ata abarrotar o corazón da localidade, especialmente a zona que vai dende a praza ata o antigo Poboado de Iberduero; e non rematará ata altas horas da noite, incluíndo xantar, cea, espectáculo sobre catro rodas e música ambiente.

 

Queimando roda.

 

Vendo os motores.

Pasados xa sete anos dende a primeira edición, o evento foise superando edición tras edición e tralos 600 coches reunidos no 2019 (antes da pandemia), neste 2022 eran máis de 700 os que xa pola tarde se achegaron ata o Campelo (na mina de Mones). Alí, o arrecendo a gasolina e neumático queimado era indicativo da actividade da xente. Os máis atrevidos derraparon, queimaron roda e fixeron soar os tubos de escape dos seus preparados coches (Golf, Clio, BMW, Lotus, Scord,…). Os demais, conversaban ou simplemente desfrutaban do espectáculo e da música ambiente, sempre animada polo incansable speaker e membro da organización, Roman Catarino, que aseguraba afónico e esgotado tras unha dura xornada o contentos que estaban ante a resposta da xente. “Foi un total e rotundo éxito. Estamos encantados”, asegura.

 

 

Roman, membro da organización e speaker do evento.

 

O programa da V KDD Racing Petín incluíu moita música ambiente, o sorteo dun Honda Civic, exhibicións e moitos premios, orixinais e feitos artesanalmente por membros da organización con materiais reciclados (ao coche máis antigo, ao máis afastado, ao máis ruidoso, ao máis baixo, ao máis exótico, ao Top 3 en pista,…).

 

A alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, unha afeccionada máis.

 

Membros da organización, La Granja Racing.

 

Máis fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-ruxir-dos-motores-da-v-kdd-racing-envolve-petin/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button