En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Estación de Montaña de Manzaneda abre ao esquí doce pistas

En total son 10,15 km esquiables, cun tipo de neve po e cun espesor máximo de 30 cm e mínimo de 10 cm

Cumpríanse as previsións e, finalmente, grazas as nevadas caídas nos últimos días a Estación de Montaña de Manzaneda vén de abrirse ao esquí neste domingo 7 de abril. En total, e segundo informaba a propia estación á primeira hora desta mañá, son doce as pistas abertas: Xeixo, Das Antenas, Paso Perdices, Refugio, Charrelas, Manolo, Bello, Barbeirón, Fontefría, Regato, Pluviómetro 2 e DoRío.

En total son 10,5 km esquiables, cun tipo de neve po e cun espesor máximo de 30 cm e mínimo de 10 cm., segundo informa a Estació de Montaña de Manzaneda.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda

Artigos relacionados

Back to top button