DeportesMontañismoÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda abrirá as pistas de esquí este venres 20 de xaneiro

 

Tras unha longa tempada sen neve, nos últimos día a Estación de Montaña Manzaneda volvía cubrirse de branco, traballando a pleno rendemento para poder abrir as instalacións esta fin de semana á práctica do esquí.

Tal como avanzan dende a estaciónm será posible desde este venres, 20 de xaneiro, no horario habitual, de 9:30 a 17:15 horas, aínda que o alugueiro dos equipos poderá facerse desde as 8:30 horas. “Tamén estará dispoñible o telecadeira e o servizo de restauración e A Tasquiña”, puntualizan, destacando que o 100% do persoal da Estación apura as horas e os días para ter as pistas a punto, despois de que os canóns estean innivando de forma interrompida desde as 06:00 horas do martes, día 17. “En realidade, empezaron a fabricar neve o domingo, cando se deron as condicións de temperatura e humidade, aínda que tiveron que parar o luns debido ás choivas caídas, que levaron parte da neve”, puntualizan, recoñecendo que tampouco axudou o vento (na Estación rexistráronse os máis fortes de Galicia).

 

 

Máis información na web: https://www.manzaneda.com/manzaneda-estacion-esqui.

Artigos relacionados

Back to top button