DeportesEnduroÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda acolle dúas etapas de Rally Adventure Galicia 2024

 

O calendario vén cargado de eventos deportivos para o mes de abril na Estación de Montaña Manzaneda e as motos terán un gran protagonismo. Se na fin de semana se inauguraba a tempada de verán co Trial Box no circuíto permanente, para mañá e o mércores espérase o final e a saída de dúas etapas da Rally Adventure 2024.

O parque pechado desta competición instálase na zona deportiva da Estrada e desde alí sairán cada día os pilotos para iniciar as distintas etapas, entre o 7 e o 13 de abril. Os pilotos percorrerán mañá 365 quilómetros para chegar á Estación de Montaña Manzaneda nunha etapa maratón que será unha das novidades desta edición. Nestas instalacións farán noite os pilotos para completar o mércores 302 quilómetros, incluíndo un percorrido pola Ribeira Sacra.

Tal como avanzan dende a Estación, hai 120 pilotos rexistrados de países como Noruega, Francia, Italia, Turquía ou Alemaña, algúns importantes a nivel internacional e con participación no Dakar.

 

Artigos relacionados

Back to top button