Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda dá a benvida ao verán cunha triple oferta deportiva e lúdica

Publicidade
Experiencia mototurística na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Cunha tripla oferta, lúdica e deportiva para esta fin de semana, chega o verán á Estación de Montaña Manzaneda.

No caso da Extrema Manzaneda, haberá dúas probas, o 25 e o 26 de xuño, de 12 e 21 quilómetros respectivamente, e tamén unha proba para nenos. Ademais de esixente, será unha competición de gran espectacularidade ao discorrer por un dos teitos de Galicia. Os participantes deberán lidar con desniveis considerables e serán controlados mediante un sistema electrónico de chip, ben no dorsal ou no calzado, para que os tempos sexan 100 % efectivos.

 

Extrema Manzaneda.

 

Esta proba atlética coincide en datas co campionato galego de pesca en auga doce de ciprínidos autóctonos con flotador. A competición desenvolverase no encoro de Chandrexa de Queixa e participarán unhas trinta persoas. O gañador clasificarase para a Copa de España 2023, mentres que os seis primeiros que non formen parte da Selección Galega, pasarán a facelo.

De forma paralela, o ciclo de voces femininas ‘Elas cantan’, súmase ás propostas para esta fin de semana, coa actuación do dueto Habana Feeling, o día 25 a partir das 23 horas. Será a primeira das dez actuacións programadas para todos os sábados dos meses de xullo e agosto, cun fío condutor: só participan grupos liderados por mulleres.

 

Artigos relacionados

Back to top button