DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda, protagonista da cronoescalada da Volta a España feminina

A corredora neerlandesa Annemiek Van Vleuten (Movistar Team) levouse a segunda etapa da "Ceratizit Challenge by La Vuelta 21"

 

A corredora neerlandesa Annemiek Van Vleuten (Movistar Team) levou este venres a segunda etapa da Ceratizit Challenge by A Volta 21. A xornada consistiu nunha cronoescalada (a primeira cronoescalada na súa historia) de 7,3 quilómetros ao 5,8% de pendente media, con saída e meta na Estación de Montaña de Manzaneda.

A recente campioa olímpica en Tokio impúxose cun tempo de 19:08. Pola súa banda, a líder da clasificación xeral, Marlen Reusser (Ale’ BTC Ljubljana) conseguiu a segunda posición a 19 segundos de Van Vleuten. Marta Cavalli (FDJ Nouvelle-Aquitaine Futuroscope) pechou o Top 3 do día a 27 segundos da ciclista do equipo telefónico.

 

 

No acto da entrega de premios, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salientou “a cooperación da Deputación de Ourense para que a estación de montaña de Galicia potencie a desestacionalización e siga a ser un referente das actividades de deporte e natureza na nosa provincia, en Galicia e no norte de Portugal”.

A carreira, que comezou onte e tivo á súa chegada no concello da Rúa, desenvolveu hoxe a súa segunda etapa, unha contrarreloxo de sete quilómetros de percorrido co saída da faldra da estación de montaña e chegada ao seu cumio. “Facemos historia en Ourense da man do deporte –expresou Baltar-, que nesta ocasión por de relevo a práctica deportiva feminina de alto nivel, combinada perfectamente coa promoción turística, patrimonial e natural desta contorna e da estación de montaña de Manzaneda, na cal, a cooperación público-privada permite seguir impulsando para convertela en destino de referencia ao longo de todo o ano”.

 

A vencedora da etapa, a neerlandesa Annemiek Van Vleuten.

 

Mañá sábado a ronda española continúa a súa andaina netamente ourensá cunha etapa entre Manzaneda e Pereiro de Aguiar, e rematará o vindeiro domingo coa chegada a Santiago de Compostela. Esta proba é a primeira vez que se disputa en Galicia, tendo á provincia de Ourense como protagonista, e conta con equipos de 10 nacionalidades e máis de 140 corredoras.

Nesta segunda etapa, a seguridade correu de novo por parte da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button