DeportesMontañismoÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda reabre para a práctica do esquí tralo temporal de vento e chuvia

 

Despois dunha fin de semana marcada pola intensa choiva e os fortes ventos, na mañá deste martes 27 defebreiro a Estación de Montaña Manzaneda reabría de novo para a práctica dos deportes de neve. “A Estación tivo que permanecer pechada o domingo por refachos de ata 100 quilómetros por hora e despois do intenso traballo para poñer a punto as instalacións, hoxe volven abrir ao público para a práctica do esquí”, aseguran dende a Estación á espera que as baixas temperaturas se manteñan.

O funcionamento dos canóns volverá ser clave para que a neve mantéñase e os afeccionados aos deportes de neve poidan tamén gozar durante as xornadas da fin de semana. Como xa é habitual, a última hora en canto a previsión de pistas abertas e quilómetros esquiables poderá consultarse a través das redes sociais da Estación de Montaña Manzaneda, nas que se publicarán os partes de neve.

Artigos relacionados

Back to top button