ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda volve abrir esta fin de semana para a práctica do esquí e do snowboard

 

A neve caída nas últimas horas volveu cubrir as montañas da provincia posibilitando a reapertura da Estación de Montaña Manzaneda a partir de mañá despois do peche deste luns pasado, na que será a quinta fin de semana consecutiva para a práctica do esquí e do snowboard.

Dende a estación aseguran que “a tal hora, pódese garantir que mañá, sábado 25, estarán dispoñibles, polo menos, as pistas de Xeixo e Fontefría, aínda que os equipos seguen traballando intensamente na preparación dalgunha máis. En calquera caso, abriranse todas as posibles, en función da climatoloxía”. Ao longo das próximas horas, e tendo en conta o parte de neve, haberá unha información e unha previsión máis detallada, da que se dará conta a través das canles habituais de comunicación e especialmente das redes sociais da Estación de Montaña.

Os servizos de restauración estarán abertos e reforzados, ademais de todos os aloxamentos: 34 apartamentos con baño e cociña completas que se distribúen da seguinte forma: 10 apartamentos con cama de matrimonio con posibilidade de supletoria; 18 apartamentos de 4 prazas e posibilidade dunha máis con supletoria e 6 apartamentos con 7 prazas e posibilidade de 1 máis con supletoria. A Estación tamén dispón de dous albergues, o Bibei, con 88 prazas distribuídas en habitacións de 18, 16, 10 e 2 para coidadores, e o Queixa, con 66 prazas distribuídas en habitacións de 14, 10, 8 e 6, todos con baños comunitarios por plantas.

Máis información na web www.manzaneda.com.

Artigos relacionados

Back to top button