OurenseÚltima hora

A EVEGA presenta un monográfico sobre a variedade mencía

O presidente da EVEGA, Juan Manuel Casares, na presentación do monográfico en Ourense Vinis Terrae.

 

É a uva tinta galega máis cultivada, entre as consideradas preferentes nas distintas denominacións de orixe. A mencía prodúcese principalmente nas áreas do suroeste de Galicia, e é este tipo de uva a que permite elaborar “uns viños excelsos e tamén moi complexos”. Así se destaca no monográfico “A variedade Mencía” que vén de presentar a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), cuxo presidente é Juan Manuel Casares, no marco da mostra Ourense Vinis Terrae.

Este traballo (realizado por Emilia Díaz Losada, Emilio Iván Vázquez Rodríguez e David Pascual), tras referirse ás súas orixes, aborda a descrición desta variedade e o seu rendemento, as súas técnicas de cultivo e manexo, así como as súas pragas e enfermidades. Tamén se afonda na elaboración dos seus viños.

Entre os asistentes á presentación, que tiña lugar esta mañá, estaba o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

Artigos relacionados

Back to top button