CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A exposición en homenaxe a Luis Nogueira poderá verse no Teleclub de Petín ata o 8 de xaneiro

O horario de visitas será os venres, sábados e domingos de 17:30 a 19:30 horas

 

Dende hoxe e ata o 8 de xaneiro quen aínda non vise a exposición ‘O  seu destino era chegar a ser o que foi’ sobre o atleta vilamartinés Luis Nogueira, poderá facelo no Teleclub de Petín.

Un ano e medio despois do seu falecemento a memoria de Luis Nogueira Fernández, o coñecido lanzador de xavelina de San Vicente de Leira, está máis viva que nunca. E unha das responsables é esta exposición  promovida pola súa familia en homenaxe a este deportista, afeccionado á lectura, á escritura, á fotografía,… que remata en Petín o seu percorrido pola comarca de Valdeorras.

 

 

Primeiro foi en Vilamartín, despois no Barco e na Rúa e agora en Petín, onde era inaugurada na tarde deste xoves 1 de decembro. As encargadas eran a alcaldesa, Raquel Bautista, que aproveitou a ocasión para convidar á xente a visitala “os venres, sábados e domingos de 17:30 a 19:30 horas haberá alguén aquí, menos este sábado que é Festa da Freba”; e Ramona Iglesias, a encargada de explicar o contido da exposición.

 

 

Como en ocasións anteriores, a mostra fai un percorrido pola vida do homenaxeado achegándose a obxectos persoais como a xavelina coa que gañou numerosas competicións deportivas, pero tamén a outras das súas paixóns, a fotografía e a escrita, coas historias do rural e das persoas e animais que o habitan como fío condutor, con fotografías sobre a natureza, árbores, montañas, auga, paisaxes cheos de aire e paz, textos  escritos do seu puño e  letra e mesmo vídeos nos que conta divertidas anécdotas. “Quedou preciosa e paga a pena vela”, aseguraba a alcaldesa na inauguración.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button