Do 10 ao 31 de maio a sala de exposicións do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas do Morrazo (Pontevedra) acollerá a exposición “Esencial”, unha mostra conmemorativa no centenario do nacemento do pintor barquense (1922-2022) Jesús Díaz Ferrer. A mostra está comisariada polo historiador da arte e tamén artista Luis Enrique Rodríguez “Coquixo” e producida polo Concello do Barco.
O acto inaugural da mesma tiña lugar esta tarde e contaba coa asistencia, entre outras autoridades, da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, así como coa do comisario da mostra, quen explicaba como este proxecto aglutina a esencia de Díaz Ferrer cunha temática diversa que pasa por retratos, bodegóns, mitoloxía, paisaxe, costumismo, abstracción, surrealismo e que nos permite coñecer en profundidade un artista esencial da arte galega contemporánea.
Fotos cedidas.