CulturaCulturaÚltima hora

A exposición sobre o atleta Luis Nogueira remata en Petín o seu percorrido pola comarca de Valdeorras

Poderá visitarse dende o 1 de decembro ata o 8 de xaneiro de 2023 no Teleclub

Parte da exposición sobre Luis Nogueira na Casa da Cultura da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Primeiro foi Vilamartín, despois O Barco e A Rúa e agora a exposición ‘O  seu destino era chegar a ser o que foi’ sobre o atleta Luis Nogueira, chega a Petín, onde poderá visitarse dende o 1 de decembro ata primeiros de xaneiro, momento en que rematará o seu percorrido pola comarca de Valdeorras.

Como en ocasións anteriores, a mostra fará un percorrido pola vida do homenaxeado (falecido hai un ano e medio) achegándose a obxectos persoais como a xavelina coa que gañou numerosas competicións deportivas. Con todo, ademáis de deportista, Luis era afeccionado á lectura, á escritura, á fotografía,… era amante da súa terra, da natureza, de conectar coa xente… Experiencias das que proceden as fotos e os escritos que se amosan na exposición e que pretenden reflectir o seu modo de ser e vivir.

A inauguración da mostra será este xoves 1 de decembro ás 17:30 horas no Teleclub de Petín onde permanecerá aberta ata o domingo 8 de xaneiro, os venres, sábados e domingos de 17:30 a 19:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button