OurenseÚltima hora

A Federación de Comercio de Ourense chega a un acordo para ofrecer aos negocios unha plataforma de venda online

A empresa Eprox utiliza texnoloxía avanzada para enviar ofertas personalizadas aos clientes

A Federación de Comercio de Ourense chegou a un acordo coa empresa de comercio electrónico Eprox para ofrecer aos negocios da provincia unha plataforma de venda online.

 

 

A empresa utiliza tecnoloxía avanzada para permitir aos comercios enviar ofertar personalizadas aos clientes en función das súas preferencias. Ademais, inclúe un sistema loxístico e de reparto.

“Coa situación tan particular que nos tocou vivir neste 2020 faise imprescindible que os nosos comercios miren cara a adiante e ofrezan aos seus clientes novas canles que permitan a compra a calquera hora e en calquera lugar. Por iso queremos que este “Amazon ourensán” sexa un referente na provincia e englobe ao maior número posible de tendas e de compradores” afirma Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button