DeportesÚltima hora

A Federación Galega de Atletismo abre as reunións da Xunta coas federacións deportivas autonómicas

Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir de mañá 14 de abril iniciarase unha serie de reunións por vídeo‐conferencia entre as cincuenta e oito federacións deportivas galegas e a Secretaría Xeral para o Deporte, “encamiñadas á revisión dos convenios bilaterais asinados por cada un delas co organismo autonómico logo das importantes modificacións deportivas que se están a producir neste ano 2020”, tal e como anuncia a Federación Galega de Atletismo (FGA), que será precisamente a entidade que abra estes encontros.

Na xuntanza coa Secretaría Xeral de Deporte participarán o presidente da FGA, Isidoro Hornillos, o secretario xeral desta federación, Carlos Castro, e a tesoureira, Yolanda González.

O obxectivo principal será o de analizar en común os distintos aspectos asinados do convenio entre ambas entidades, entre os que se atopan “a análise da execución do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral (actividade e orzamento) e previsión ata final de ano, a competición deportiva (previsión final de tempada 2019/2020 e inicio da temporada 2020/2021) e a vixencia do Seguro 6‐16 anos”, tal e como adianta a FGA.

Artigos relacionados

Back to top button