De que maneira lle está afectando o COVID-19 á organización e funcionamento do clubs de atletismo galegos e como pode condicionar o seu futuro? É a pregunta á que pretende dar resposta a Federación Galega de Atletismo (FGA) a través dunha enquisa que vén de remitir e poñer a disposición das máis de cen entidades deportivas que ten censadas.
Nesta iniciativa, a modo de cuestionario, “inténtase saber a efectos estatísticos, que tipo de incidencia está a causar o COVID-19 na estructura organizativa e funcional dos distintos clubs e como esta pandemia pode condicionar a viabilidade de proxectos tanto deportivos como estructurais deste importante estamento do tecido atlético galego”, segundo matiza a FGA.
Os datos obtidos, “que en ningún caso son vinculantes e si informativos, servirán para facer una importante radiografía de cal é o panorama actual e de futuro que se perfila para os máis de cen clubs censados na actualidade”, indica esta entidade federativa.
Así, todos aqueles clubs censados, recibirán un enlace no seu correo electrónico que lles permitirá tomar parte nesta enquisa previa identificación, ou ben poderán acceder a ela través dun enlace colgado na páxina web: http://atletismo.gal.