DeportesÚltima hora

A Federación Galega de Caza e a Xunta realizarán xornadas preventivas contra os incendios forestaiss

Irán dirixidas ao persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e os integrantes do colectivo cinexético

 

Os cazadores galegos e os membros do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) reforzarán a súa colaboración en materia de loita fronte o lume a través de diferentes xornadas preventivas conxuntas, que se desenvolverán ao longo do próximo inverno e a primavera de 2020.

Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, nunha xuntanza de traballo na que tamén participaron membros da directiva desta entidade e, por parte da Consellería, o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.

Alí acordaron que estas actividades desenvolveranse sobre o terreo e, ademais de servir para mellorar a coordinación en tarefas de detección, vixilancia e disuasión, “tamén facilitarán a actuación directa do colectivo de cazadores colaborando en labores de silvicultura preventiva tales como a roza de pistas, a limpeza de terreos forestais ou a mellora de puntos de auga”.

Así, a Federación comprometeuse a achegar antes de final de ano unha planificación coas zonas prioritarias nas que traballar, tendo en conta o profundo coñecemento dos montes que acreditan os cazadores, así como a súa capacidade de mobilización de persoas sobre o terreo, algo que os participantes nesta reunión de traballo quixeron destacar.

Artigos relacionados

Back to top button