ConcellosPetínÚltima hora

A Feira de 1812 de Petín celebrarase os días 3 e 4 de xuño

A anterior edición da Feira de 1812 foi no entorno da praza de Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No mes de abril de 2012 a Asociación Cultural Fonte Grande poñía en marcha a primeira edición da Feira de 1812 en Petín, que xurdía da idea de “conmemorar o bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812 e o intento de invasión das tropas francesas no pobo de Petín no ano 1809”, data esta na que as mulleres do pobo se enfrontaron con bravura e valentía aos soldados franceses que se achegaron de paso a Valdeorras, durante a Guerra da Independencia, protagonizando o famoso dito popular “Petín pitou porque non pasou”. Dende entón, salvando os anos da pandemia e oscilando entre os meses de abril a xuño, cada ano a Feira de 1812 en Petín percorre as rúas do casco vello do pobo representando o ambiente daquela época en canto a oficios, artesáns, vida social, tradicións…

 

 

Co incondicional apoio do Concello de Petín a feira chega este ano á X edición recuperando o casco vello como ubicación (o ano pasado por primeira vez celebrábase no entorno da praza), na fin de semana do 3 e 4 de xuño.  A inauguración será o sábado día 3  ás 11 horas e o pregón está previsto para as 13 horas. Un día antes, o venres día 2 pola noite, terá lugar a III Cea Popular.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button