En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Feira de Artesanía abarrota o casco antigo de Trives

Uns corenta postos de diversos produtos gastronómicos e artesáns poden visitarse ata a tarde do 12 de agosto no marco do X Entroido de Verán da Caniceira

Multitude de persoas están a percorrer nesta segunda fin de semana de agosto os corenta postos da Feira de Artesanía que se abría na mañá do 11 de agosto no casco vello de Trives e que poderá visitarse ata a tarde deste domingo 12.

Dende doces de castaña, mel, aceites, viños e queixos pasando por camisetas e diversos obxectos de adorno e complementos ata prendas para nenos ou artesanía en madeira. A oferta é diversa, variada e moi orixinal. Esta singular mostra estaba ademais animada pola música das gaitas o sábado e pola sesión vermú das Macizas Centrais o domingo, creando un ambiente alegre e moi festivo. O público visitaba os expositores e ademais enchía os locais de hostalaría e as súas terrazas.

Esta iniciativa forma parte da X Mostra do Patrimonio Inmaterial-Entroido de Verán de Trives que organiza a A.C. A Caniceira.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Máis información:
https://osil.info/os-ix-cantos-de-taberna-enchen-os-bares-triveses/https://osil.info/unhas-22-persoas-participan-no-iv-campionato-de-billarda-de-trives/

Artigos relacionados

Back to top button