ConcellosÚltima horaVilamartín

A Feira de produtos tradicionais de Córgomo (Vilamartín) reta á chuvia no Día das Letras Galegas

 

Coa idea de “manter o espírito que se vivíu o Día das Letras Galegas 2022 co veciño Florencio Delgado Gurriarán como homenaxeado e que a xente siga indo á Córgomo”, nacía o ano pasado, da man da Asociación de Mulleres Rurais, a Feira de produtos tradicionais que celebraba a primeira edición cun gran éxito, tanto en número de postos como en público.

A segunda edición, de novo coa colaboración do Concello, celebrábase na mañá deste venres 17 de maio na Aira dos Bolos, aínda que quedaba algo deslucida pola chuvia. Así e todo, protexidos por paraugas, veciños e visitantes percorrían a praza na procura dalgún dos artigos á venda, dende viño mel ou aceite, ata queixos, licores e bicas. Tamén había artesanía, plantas e por suposto polbo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button