En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Festa das Pandillas do Barco pon o broche á carreira musical de Los Íñigos

Nesta edición participaron 19 peñas (350 persoas)

 

Un día despois de tocar en Trives, nas Festas do Cristo e da Dolorosa, e tras oito anos de actuacións Los Íñigos despedíanse dos escenarios no Barco de Valdeorras.

Facíano no mediodía deste sábado 16 de setembro no marco da Festa das Pandillas, un dos actos máis animados e concorridos do Cristo que reunía nesta ocasión a 19 peñas e unhas 350 persoas.

A ameaza de choiva que finalmente acababa caendo, obrigaba ao Concello a cambiar a ubicación, pasando da praia fluvial do Malecón onde estaba prevsita ata a carpa no Campo da Festa, pero iso non impedíu que os asistentes desfrutasen do concerto de despedida de Los Íñigos, das conversas e do xantar servido por Mantesil.

 

 

Entre as pandillas, presentadas pola concelleira de Cultura e membro dunha delas, Margarida Piazcueta,  estaban as tradicionais como a Peña Saldoira, Coirach@s, Pandilla PX, O Muro do Malecón ou Amigos de los Irirs e outras de máis recente creación, algunhas formadas especialmente para a ocasión: Cobense, Los Marchosos, VHO+, Panzapegos, Arreglaos pero informales, Amigos del Botelo, Moz@s das festas, Amigos Estrela Galicia, Ay Nazareno bendito, Os de BUP 77/78, Festeiros, Sintonía O Barco, Inflamables Anacardos e Generación del 75.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as cinco últimas da galería que son cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button