CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas será este ano só para a veciñanza

A procesión, prevista para a tardiña do 19 de xaneiro, contará cun fachón de 35 m

Festa dos Fachós de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por segundo ano consecutivo, por mor do Covid, Castro Caldelas non poderá celebrar de forma popular o vindeiro 19 de xaneiro a súa festa máis emblemática: os Fachós. “Este ano novamente e despois de 271 anos celebrando esta Festa (no 2021 non foi posible), de novo e debido á pandemia non podemos celebralos”, anunciaba esta mañá a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Aínda así, “os caldelaos e soamente limitado aos veciños, entre “o lusco e fusco” sairemos en procesión para que o lume purificador alonxe a Peste. Cumprindo todas as medidas de seguridade pediremos a San Sebastián o cese desta pandemia portando un fachón de 35 metros. E os caldelaos que desexen levar un fachón individual deben anotarse aportando os seus datos no Concello mañá e pasado en horario de 9 a 14:00h.”, tal e como explica a rexedora.

 

 

Ademais Sara Inés Vega confía en que no 2023 os Fachós volvan alumear Castro Caldelas para a veciñanza e tamén para os visitantes. “Os Fachós supoñen un gran traballo de moitos caldelaos que sementan, segan, acarrexan, mallan e fan os Fachós, e logo saen en procesión culminando unha noite máxica”, lembra a alcaldesa.

Vídeo: Cedido.

Artigos relacionados

Back to top button